Leonard Cohen: “First we take Vigo”

Programa: 
Músicas e Letras

O autor de “Suzanne” vén de poñer nas tendas o disco e DVD “Live in London” que recolle unha das súas actuacións ao vivo do pasado ano e na que repasa os seus grandes éxitos. Así as cousas, o concerto estival na cidade olívica será unha oportunidade de celebrar a carreira dun dos artistas totémicos da música contemporánea e revivir os versos estremecedores de himnos como “Hallelujah”, “I’m your man”, “Dance me to the end of love” ou “First we take Manhattan”.