Libros que se escoitan

Programa: 
Músicas e Letras

Dous actores de dobraxe, Paco Barreiro e Tere Sanmartín, son os encargados de facer destes contos tradicionais un relato actualizado e cunha visión artística máis alá da literatura. Os “Audicontos” veñen acompañados cun CD de audio no que se fai unha viaxe que arranca cun momento musical, a exposición do conto dramatizado e unha canción final que serve para a reflexión sobre a historia contada.

Os responsables da Editorial Galaxia pretenden con esta idea reivindicar a necesidade de recuperar a tradición de contar contos aos nenos.
A acollida que están a ter os audicontos e tal, que xa está prevista para o vindeiro ano a publicación de cinco novos títulos: “Polgariño”, “Os tres osos”, “A casiña de chocolate” “A raposa e o lobo” e "Os tres porquiños”.