As linguas e culturas minorizadas necesitan políticas activas, segundo Jacques Guyot

Programa: 
Músicas e Letras

Guyot apoiouse en informes da Unesco para defender a necesidade de investir na potenciación das linguas e das culturas minorizadas, para equilibrar as potencialidades das distintas comunidades. O experto en medios de comunicación espuxo o conceito de "industrias criativas", unha definición máis ampla que a das "industrias culturais", xa que incluen a un total de 13 sectores (publicidade, fotografía, arquitectura, arte e antiguidades, deseño, música, artes escénicas, publicacións, radio, televisión, software de lecer, video e cine).

 

Tamén se posicionou a prol de políticas que favorezan a criatividade e valoricen os recursos da cultura. Entre as características das IC destacou a alta taxa de crecemento (representan o 7,3% do PIB no Reino Unido, por exemplo), a gran variedade dos seus modos de organización e funcionamento e a existencia de 2 sectores concretos (deseño e software de lecer) que medran por riba dos demais. Jacques Guyot defendeu que "só a criatividade dos pobos pode preservar a diversidade cultural" e matizou a necesidade de estimular un certo "enfoque empresarial nas actividades da cultura".