Linho do Cuco abre o xoves no Salón Teatro o programa ST Música Presente

Programa: 
Músicas e Letras

A prioridade do programa é ofrecer ás discográficas galegas unha nova canle de promoción e difusión dos seus artistas desde unha perspectiva esencialmente comercial. A venda de entradas xa está operativa a través da billeteira electrónica da web www.caixagalicia.es. O prezo dos concertos ascende a 5 euros.

 

Linho do Cuco abre o programa coa presentación do seu disco 3, o xoves ás 20,30 no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Seguiránlle Anxo Lorenzo (24 de marzo), Emilio Rúa (26 de marzo), Alvaro Vieito Cuarteto (20 abril), Ophiusa (27 de abril) e BellónMaceiras Quinteto (30 de abril). "ST Música Presente" regresará con novos concertos promocionais tralo verán.