Los Coronas, Sindicato del Crimen e Sweet Oblivion Band animarán o Festival Arteficial

Programa: 
Músicas e Letras

Os concertos terán lugar a partir das once da noite, pero antes, xa desde as catro e media da tarde realizaranse as diferentes actividades. O grupo de percusión francés composto unicamente por mulleres de orixe africana, Drumbata, actuará polas rúas de Ribadavia desde a Praza Maior ata o instituto. Posteriormente, desenvolverase un obradoiro de teatro, que irá seguido de maxia a cargo dos Magos do Ribeiro. Isto será o venres, porque o sábado o ilusionismo será substituído por bandas sonoras a cargo da formación La Lira de Ribadavia. A partir das nove da noite celebrarase o certame de curtametraxes para dar paso despois aos directos.

As entradas xa se poden adquirir a través da web www.caixagalicia.es e www.laboletería.es. Hoxe é o último día para mercar o bono, de 8 euros, para os dous días. Na billeteira poden comprarse a 5 euros por día.