Mario Regueira persegue a Lois Pereiro

Programa: 
Músicas e Letras

Mario Regueira ofrécenos en Lois Pereiro. Unha persecución a reflexión e a intelixente mirada dun ávido lector dos versos do poeta. O autor guíanos, a partir deste reto de camiños encontrados, por roteiro que se traza arredor de Lois Pereiro, que persegue á persoa e ao autor, e que logra ofrecernos unha visión nova, perspicaz e auténtica do autor monfortino. A visión persoal do lector dos seus versos.

Mario Regueira (Ferrol, 1979), diplomado en Dereito e licenciado en Filoloxía Galega, na actualidade realiza estudos de doutoramento en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. É unha das voces da literatura galega do comezo do século XXI, na que ten destacado como narrador (Rebelión no inverno no 2004 e L'affiche rouge no 2007) e como poeta (Tanxerina, Premio Pérez Parallé 2005 e Blues da Crecente, Premio Xohán Carballeira 2008). Ten desenvolvido ocasionalmente o labor de crítico literario e publicado artigos de opinión en distintos medios. Dende 2006, escribe o blogue “O porto dos escravos”, ademais de participar en multitude de proxectos de creación relacionados coa rede.