A mellor tortilla, en Betanzos

Programa: 
Comer en Galicia

Os produtos e a tradición da súa terra foron unha das claves para conseguir o galardón, así como o feito de conseguir que o ovo conserve as súas propiedades de sabor, cor e aroma grazas a unha coidada elaboración na que o ovo batido "na súa xusta medida" e a pataca quente, grazas a unha precocción, permiten que o "ovo zumento termine alagando o prato".
Esta foi a terceira vez que García Ponte se presentou a este concurso, no que tivo unha dura competencia, xa que once restaurantes pasaran a preselección para chegar á final e conseguir así o galardón que lles acredita como a mellor tortilla de patacas de España.

Desde as 13.00 horas do sábado os fogóns enchéronse de actividade ante a curiosa mirada do numeroso público asistente, xa que se trata dun dos concursos con longa tradición e o que esperta maior expectación. Así, ao redor da receita máis coñecida da cociña española déronse cita tanto a tradición como a innovación da man de grandes expertos.

O xurado estivo composto por Pepa Fernández de Radio Nacional de España, Javier Sendra da Deputación de Alicante e presidente do Comité de Agricultura Ecolóxica dos CV; o coñecido presentador José María Iñigo de RNE, o crítico gastronómico Juan Antonio Duyos; Giorgio Grigliatti, xornalista gastronómico; José Miguel Olazabalaga do restaurante Aizian; os cociñeiros Paco Torreblanca e Paco Morais; Juan Antonio López de Zuazo, director xeral de Prensa Ibérica e Fernando Pérez Arellano do restaurante Zaranda.