A Memorial Adolfo Ros volve ao seu percorrido orixinal

Programa: 
A Bancada

O Concello de Fene corre este ano coa organización da proba, na que tamén participan os Concellos de Neda, Narón e Ferrol. Nesta edición retómase o itinerario tradicional pola estrada de Castela e polas principais avenidas dos municipios que bordean a ría. Segundo o edil de Deportes de Fene Justo Martínez Ardá, a organización estudará a posibilidade de homologar o circuito de cara á edición de 2018. Os catro Concellos intentarán ademais manter a carreira polas rúas centrais.
Diego Ruiz da Coruña e Jonathan Fernández de Neda son dous dos atletas favoritos de cara a esta carreira, segundo o delegado da Federación Galega de Atletismo Paulino Cartella. A proba lembra a memoria de Adolfo Ros, deportista de faleceu na praia de Doniños en 1985 cando tentaba salvar a cinco rapaces en perigo de afogamento.