Moita música e churrascada de balde no Asaghieiras Master Festival

Programa: 
Músicas e Letras

Na noite do sábado os concertos comezarán ás nove co folk dos británicos Invivo. Despois Deseqilibrio Mental, aos que seguirán os composteláns Yidorah, os vigueses Aphonnic e os muradáns Trapos Sucios. Antes de que DJ Berro peche a festa subirán ao escenario os portugueses Terbutalina.

Pero ademais de música haberá moitas máis cousas como os pasarrúas do Grupo de Gaitas Galanía de Muros e os grupos locais Toxo Negro, Desterrados e Akylea, que amenizarán a tarde e a churrascada gratuíta do mediodía. Tamén haberá oco para o novo circo e o que o desexe poderá acampar de balde na zona, ao carón do mar no Faro de Lariño.