Morre o eurodeputado portugués, Miguel Portas

Programa: 
Sonsdenós

Eurodeputado dende 2004, Portas foi un dos parlamentarios máis activos da Eurocámara, destacando os seus relatorios sobre control financeiro, control das contas do Banco Central Europeo, control do orzamento comunitario e transparencia.

O BNG, neste 25 de abril, quere transmitir á súa familia, amigas e amigos, compañeiros e compañeiros de loita, en Portugal e en Europa o seu máis sentido pésame.

A eurodeputada do BNG Ana Miranda vai asistir aos actos de honra da súa memoria que se van celebrar nos vindeiros días en Portugal.