Na dirección correcta, segundo Galicia Bilingüe

Programa: 
Músicas e Letras

Queremos Galego anunciou a súa vontade de utilizar vias xurídicas e internacionais para intentar paralizar a aplicación da nova norma. Tamén a Confederación de ANPAs de centros públicos indicou que se trata dun "decreto non democrático e que supoñerá que as maiorias ninguneen as minorias". As propias ANPAs reclaman que a opinión das familias non sexan vinculantes á hora de determinar o idioma das asignaturas.

 

A través dun comunicado, a presidenta de GB, Gloria Lago, cualificou de ''especialmente importante'' a decisión da Administración de que se poida intercambiar a lingua dos bloques de materias designados pola Xunta para galego ou castelán, pero entendeu que esta disposición ''esconde aínda demasiados matices'' como o sistema que se articulará para solicitar a opinión das familias ou se a medida se poderá aplicar no próximo curso escolar.

A falta de coñecer ''en detalle'' o contido do texto, Lago lamentou que a liberdade de elección da lingua vehicular siga sen alcanzarse, xa que esta non existirá para todas as materias troncales nin para aquel alumno cuxa opción non triunfe na votación que estableza a Administración.

Ademais, Galicia Bilingüe apuntou que aínda se descoñece se os estudantes poderán utilizar os libros de texto e o material didáctico no idioma da súa elección, cuestión que Lago cre que suporía ''un gran alivio para moitísimas familias'', especialmente nos casos dos alumnos cuxa opción lingüística non prospere na votación.