Na educación infantil, a lingua materna predominante

Programa: 
Músicas e Letras

O mesmo artigo do decreto indica o seguinte:

"2. A lingua materna predominante do alumnado será determinada polo centro educativo de acordo co resultado dunha pregunta que se efectuará aos pais, nais, titores/as ou representantes legais do alumno/a antes do comezo do curso escolar acerca da lingua materna do seu fillo ou filla.

3. Atenderase de xeito individualizado o alumnado tendo en conta a súa lingua materna.

4. Cada centro educativo deberá facer constar no seu proxecto lingüístico as actividades e estratexias de aprendizaxe empregadas para que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, o coñecemento das dúas linguas oficiais."

 

Ao fio da publicación do decreto, o secretario xeral de Política Lingüística Anxo Lorenzo negou a información recollida hoxe por El Pais, indicando que onte ainda non estaba completamente redactado o decreto.. O xornal cita fontes dunha portavoz da Consellería de Educación, pero Lorenzo calificouno como "unha invención".