A novela negra que chega do Norde

Programa: 
Músicas e Letras

Aurora boreal relata a pesquisa iniciada pola policia e máis pola avogada -unha muller do século XXI- tras a morte do crego Viktor Strandgard. "Non se pode estar máis perto -pensa o sacerdote despois da súa morte- Cando o levan a un ata a igrexa que hai nunha montaña no fin do mundo, o ceo está tan perto que caseque podes tocalo alargando a man". A escritora mistura con acerto diálogos e pensamentos que se van enguedellando como as cereixas, ata aclarar ao remate todas as circunstancias do crime. Larsson advirte nos agradecementos: "Rebecka Martinsson volverá. A unha muller así non se lle elimina de xeito doado".