As novidades editoriais no Festigal

Programa: 
Músicas e Letras

Entre as presentacións previstas, destaca “Espello de mim mesma” (Círculo Ediçoes), Cruz Martínez, xunto coa presentación da revista literaria Elipse. Interveñen Alexandre Insua, Cruz Martínez e Rosa Negra.

Presentarase tamén na carpa do Festigal “50 preguntas, 50 argumentos para a soberanía” (Fundación Bautista Álvarez), con Pilar García Negro, Néstor Rego e Bautista Álvarez. Outra das publicacións será “A Unión Europea como problema. Reflexións desde Galiza”, con Xavier Campos López, director da Fundación Galiza Sempre; Carlos Aymerich e Carme García Negro.

Ás 20:00 horas será a quenda de “Uma mãe tão punk” (Chiado Editora), de Teresa Moure, coas intervencións de Carlos Quiroga e da propia autora. Xurxo Souto traerá “Contos do mar de Irlanda” (Xerais), presentado por Manuel Bragado; e pechará Xavier Queipo con “55” (Xerais).

Presentaranse os libros de autopublicación “Alén do silencio” e “Un libro de libros”, de Xosé Estévez, xunto con Eva Xanín, que contará cun recital de “Autores e autoras para o 25 da patria” que constitúe unha boa mostra do panorama poético actual de Galiza.

Haberá un espazo destinado á sinatura de publicacións que abrirá contra as 18:00 horas. Lectores e lectoras poderán conversar e obter as rúbricas de Afonso Eiré, “Eu estaba alí” (Hércules Edicións); de María Reimóndez, “A alternativa está aquí” (Xerais); Henrique del Bosque, “E logo, temos razóns para ser nacionalistas?” (Xerais); Rodri Suárez, “Non temos medo” (Nicetrip Edicións); Xavier Vence e Xan Carballa, “Temos dereito a un futuro distinto” (Engaiolarte); Bautista Álvarez, “Retallos daquela infancia” (Xerais) e Eduardo S. Maragoto, “Como ser reintegracionista sen que a familia saiba” (Ed. Cumio).