O “pachangueo lúdico solidario” de Fracasados de Antemano cobra forma de EP

Programa: 
Músicas e Letras

Fracasados de Antemano é un disco con seis temas que nos amosan a cara festeira e reivindicativa da banda e un bonus track en homenaxe a Camarón. A formación ao completo participou na composición das cancións. Un traballo en equipo que se estendeu ata os Estudios Océano de Javier Abreu, en Nigrán, onde a banda gravou o EP. O vocalista, Brais, afirmou en Radiofusión que quedaron moi satisfeitos co traballo do produtor xa que fixo grandes achegas ao disco.

O obxectivo agora pasa por subirse aos escenarios. A banda está moi contenta coa acollida do público nos concertos que ata o de agora deron na súa cidade natal. O vindeiro 20 de agosto actuarán no Esmorga Folk de Bandeira. Brais adiántanos que os concertos contarán cos novos temas do EP e tamén cos das dúas anteriores maquetas e algunha que outra versión.