O acivro dos Ardá en Maniños

Programa: 
Zona Verde

Este acivro (Ilex aquifolium, xardo ou xardón) plantáronno na década dos anos 20 un neno e unha nena procedentes de Cuba, a onde marcharan emigrados. Eran curmás de Luis Ardá (actual propietario da finca) e realizaron a plantación para conmemorar a viaxe de retorno.