O cantautor Luís Represas presenta mañá en Braga o seu último traballo

Programa: 
Sonsdenós

"Olhos nos Olhos é un reencontro comigo, coas miñas almas xemelgas, a maneira máis sincera de ser eu, a forma máis real de me revelar". Son palabras de Luís Represas sobre este traballo, o seu noveno álbum en solitario, que presenta "Sagres" como primeiro sinxelo.

Dezaseis anos despois de "Represas" (1993), primeiro proxecto en solitario que o cantautor lanzou trala desintegración dos Trovante – banda inevitablemente asociada ao seu pasado artístico –, "Olhos nos Olhos" conta coa participación especial de nomes como Simone, Pablo Milanés ou Liuba María Hevia. Gravado en Cuba e traballado nos famosos "Abbey Road Studios" de Londres, o álbum, que inclúe once temas orixinais e unha nova versión de "Colibri", dá continuidade ao traballo de composición de Luís Represas que, unha vez máis, asina a maior parte das cancións.

As entradas, a un prezo de 15 ou 20 euros, están á venda xa no Teatro Circo de Braga.