O decreto nace xuridicamente morto, segundo a Mesa

Programa: 
Músicas e Letras

A Mesa considera "moi preocupante" que o presidente da Xunta, "en lugar de avanzar no camiño do diálogo e do consenso, botase esta mañá ainda máis leña ao lume, propondo a aprobación unilateral dunha nova norma que derrogue o estabelecido na Leis de normalización lingüística sobre promoción do galego no ensino".

 

Carlos Callón considera "máis que lamentábel" que o presidente da Xunta "continúe na tónica de mentir e crispar"."Calquera persoa que lea o informe do Consello Consultivo verá que non só rexeita a pseudoconsulta en infantil, senón que bota por terra todos e cada un dos alicerces do decretazo".