O Festidoiro 2010, “Cento % en galego”

Programa: 
Músicas e Letras

Un dos integrantes da A.C. O Fervedoiro, Xavier Magariños, afirmou en Radiofusión que o seu obxectivo é “continuar defendendo a cultura e o idioma galegos”. Por iso, seguindo a liña do ano pasado co slogan “Lingua proletaria do meu pobo… eu canto porque si”, nesta edición apostan pola lema “Cento % en galego”. Segundo o colectivo, “porque debemos estar con Galicia como dixo o homenaxeado co día das Letras Galegas deste ano, Uxío Novoneyra”.

Este encontro lúdico-musical non contou este ano co apoio da Consellaría de Cultura, polo que a A.C. O Fervedoiro lamenta que o Executivo autonómico non invista na cultura galega. O Festidoiro si conta co respaldo do Concello e locais de Cuntis, así como da Deputación de Pontevedra.