O Festival Filminho celebra a súa segunda edición entre as localidades de Tomiño e Vilanova de Cerveira

Programa: 
Sonsdenós

O protocolo de colaboración asinado onte no pazo de Goián compromete ás localidades de Tomiño e de Vilanova de Cerveira a prestar apoio financeiro e loxístico ao Filminho, co fin de garantir e beneficiar o crecemento do festival nas súas vertentes de difusión cultural e de creación. Pola súa parte, a asociación cultural A Morraceira compométese a organizar o Filminho servíndolle de soporte legal. Ademais, o prazo de validez deste convenio é de tres anos e renovarase sucesivamente se ningunha das partes se pronuncia en contra.

Tralo éxito da edición de 2008, o Filminho, Festa do cine galego de portugués, vivirá a súa segunda edición entre os vindeiros 16 e 19 de xullo cun interesante cartel que reúne creadores e creadoras de ambos os dous lados do Miño.