O filme de animación “O Apóstolo” preestrease con música ao vivo da Real Filharmonía de Galicia

Programa: 
Músicas e Letras

O Auditorio de Galicia acollerá esta noite a premier. A Real Filharmonía de Galicia e o Orfeón Terra a Nosa interpretarán ao vivo a banda sonora, composta por Arturo Vaquero, Xavier Font e Philip Glass, e baixo a batuta de David Hernando, director da Bratislava Symphony Orchestra. A cinta chegará ás salas de cinema en outubro.

O Apóstolo narra a historia dun convicto que, tras fuxir do cárcere, tratará de recuperar un botín escondido anos atrás nunha solitaria e apartada aldea; pero o que alí atopará supón unha condena aínda maior da que xa sufriu. Sinistros anciáns, estrañas desaparicións, espíritos, un estraño sacerdote e ata o arcipreste de Santiago forman parte do universo do filme.