O grupo de teatro de Montemuro abre o Festival de Teatro de Braga

Programa: 
Sonsdenós

Da autoría de G. Pulleyen e Helen Ainsworth, este traballo dramático desenvólvese a partir da interación de catro personaxes que están a cumprir pena en servizo comunitario e que teñen por misión “erguer” unha estatua integrada nunha candidatura a Patrimonio da Humanidade. 

Con esta obra ábrese a décima edición do “Mimarte 2009” continúa con “Ibéria, a Louca História de uma Península”, Peripécia Teatro (o día 27), “Guignol”, Produções Ilimitadas Fora D’Horas (28), “Catavento”, Teatro das Beiras (29), “As Justiceiras”, Teatro ao Largo (30), “Paisagens em Trânsito”, Circolando (1), “Afonso Henriques”, O Bando (2), “Caveman”, Theater Mogul & Ready to Shoot (3), “Agamémnon”, Grupo Thíasos (4) e “Édipo Rei”, Grupo de Teatro Clássico da ESA (5)