O Maniños feminino segue vivo na Copa

Programa: 
A Bancada

Para o adestrador do Perlío, Jorge Bello, efectivamente as rapazas fixeron unha moi boa primeira parte chegando ao descanso con 1-2 no marcador. Saíron ben colocadas, disputaron ben os balóns e chegaron arriba en varias ocasións.
Era a primeira temporada, a primeira experiencia para o Perlío feminino que rematou xa liga e copa, precisamente cando mellor estaban xogando. Agora terán unhas pequenas vacacións e a seguir dende xuño, participando en torneos de verán para non perder o tono. Empezarán en San Sadurniño, despois ven a copa AFACO e seguirán cun tormeo en Perlío, na Capela e na Coruña.

O Maniños segue vivo na eliminatoria de Copa. Quedaron segundas na Liga destrás do Racing de Ferrol e gañar a copa sería a recompensa á grandísima temporada realizada. Por sorteo tocoulles xogar fora. O próximo encontro, probablemente co Ortigueira, tamén é eliminatorio.