O optimismo do Puntogal

Programa: 
Videoxogos e tecnoloxía

 
A ICANN  acaba de publicar a lista final de candidatos a novos dominios sobre os que pende algunha queixa formal por parte da ICANN, outras candidaturas ou membros da comunidade da Internet. Grazas ao apoio de toda a sociedade galega a candidatura, o .gal non figura nesa lista, sinalaron os promotores da iniciativa. Ademais, puntoGAL tampouco está na lista, publicada hai uns días, de candidaturas sobre as que os gobernos que participan na ICANN expresan dúbidas. Neste sentido, o .gal logrou o respaldo das administracións locais, autonómicas e estatais. Con todo estes datos sobre a mesa, a Asociación puntoGAL é moderadamente optimista sobre o veredicto inicial que emitirá a ICANN sobre a candidatura para a lingua e cultura galegas.