O poema “Negra sombra” protagoniza a celebración hoxe do Día do Libro

Programa: 
Músicas e Letras

Este macroproxecto simultáneo leva por nome “Ágora Libros. Os libros nas prazas”. O seu obxectivo é pór en valor o libro e a lectura e render homenaxe a Rosalía de Castro no 125 aniversario da súa morte, a través dun dos seus poemas máis emblemáticos.

Esta é unha iniciativa da Consellaría de Cultura da Xunta, que conta coa colaboración da Fundación Seur. Para esta acción procurouse a participación de milleiros de persoas que cederon os seus libros e de máis de 200 centros de ensinanza, fundacións, museos, institucións públicas, bibliotecas públicas e privadas, servizos de publicacións ou editoriais que contribuíron á recompilación dos 100.000 volumes.

Como colofón ao acto, os libros entregaranse aos viandantes que se acheguen á hora de deconstruír os tapices de libros.