O repertorio para banda sinfónica e gaita protagoniza o II Musgafol

Programa: 
Músicas e Letras

A Asociación Toque Pechado de Pontevedra é a encargada de organizar o Musgafol, co obxectivo de difundir a continua creación nos conservatorios galegos dun novo repertorio para a nosa gaita acompañada por instrumentos como o piano, a arpa ou por formacións musicais como a banda de música ou mesmo a orquestra.

O II Musgafol estará presentado por Luís Costa, director do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra e profesor na Universidade de Vigo.

Programa:

Banda de Música de Pontevedra. Director convidado: X. L. Represas

Solista: Pedro Álvarez, Fantasía Popular (E. Campos e X. L. Represas)

Solista: Xoan Carlos Rilo, Para os da nosa terra! (Xoan Carlos Rilo e Joan B. Bernat)

Solista: Pedro Lamas, A miña burriña (Trad. / Arr.: Pedro Lamas e Roberto Somoza / Instr. banda: Roberto Somoza)

Solista: Oscar Ibáñez, Crema de Whisky (E. Campos e X. L. Represas)

Solista: David Bellas, A lenda de Montelongo (Bernardo del Río / Adapt.: X. L. Represas)

Solista: José Manuel López Fábulas do Pico Sacro (E. Campos)

Solista: Pablo Devigo Bènnu (Pablo Devigo)

Todos os solistas: Alborada de Veiga (Pascual Veiga / Adapt.: X. L. Represas) e Himno Galego (Pascual Veiga / Adapt.: X. L. Represas)

Na primeira edición do Musgafol déronse cita algúns dos mellores gaiteiros e pianistas do país para interpretar unha selección do repertorio académico para gaita e piano, gravando ao vivo o primeiro CD monográfico desta formación.

O CD contén:

Agustín Sánchez / Gabriel López

1 Capricho de gaita (Agustín Sánchez)

Pablo Devigo / Lucas Llumá

2 Bría (Pablo Devigo)

Cristian Silva / Olalla Bouzas

3 Corticata: Odisea entre Mylitus Galloprovincialis (David Bellas)

Oscar Ibáñez / Pilar Isabel Rodríguez

4 Redondelana (Ernesto Campos)

Paulo González / Iván Abal

5 Contorno #1 (Paulo González)

David Bellas / Ana Belén López-Villar

6 H2O (David Bellas)