O software das tarrañolas

Programa: 
Músicas e Letras

Ademáis, atendendo ás opinións recibidas, os autores do proxecto están a traballar na futura incorporación dun software qeu permita ao usuario mudar o tempo e a tonalidade dos audios para adecualos ao seu nivel formativo ou a unha determinada tonalidade.

En próximas entregas, a colección abriráse a outros instrumentos tradicionais, como a zanfona, requinta, trompa, tarrañolas, pandeira ou pandeireta. Porén para os dous primeiros volumes elixiuse a formación de cuarteto tradicional integrado por dúas gaitas, tambor e bombo, por ser a agrupación galega máis popular, a que abrangue un maior espectro tímbrico, a máis versátil e a que posúe un maior abano de recursos musicais: melódico, harmónico, rítmico e dinámico.

Promoven o proxecto a editorial Dos Acordes, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración coa Radio Galega.