O Supremo tamén respalda a promoción do galego

Programa: 
Músicas e Letras

A sentenza desestima un recurso interposto por un pai que pretendía escolarizar ao seu fillo só en castelán. O Tribunal ratifica unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e condea ao demandante a pagar as costas. O Supremo «non autoriza o deseño do currículo educativo dos fillos a conveniencia dos pais». Ademais, este órgano xudicial matizou que a interpretación do recurrente «conduciría a resultados absurdos, xa que todos poderían así reivindicar unha instrución impartida en calquera lingua».

A sentenza pode ter consecuencias políticas en Galicia, xa que nestes momentos a Consellería de Educación prepara un novo decreto do galego no ensino que agora se terá que adecuar á xurisprudencia que emana deste fallo do Tribunal Supremo.