O tempo das castañas

Programa: 
Comer en Galicia

As primeiras castañas son as migueliñas. Débense cocer unha vez limpas porque logo lles entra o verme. A verdella, coñecida como  a de gardar , é boa para asar. As larudas coñécense polos seus ourizos con espiñas finas, longas e mestas. Son boas para asar. As zapatudas, ourizos con espiñas curtiñas, pican pouco e son grandes, sabedoras para cocer e para asar. As luguesas negras son moi boas para cocer. As luguesas rubias, castañas clariñas que se poden asar. As luguesas do pais, se saen boas son preciosas, pero con moito verme, segundo sinala o mestre Secundino Garcia Mera, no seu traballo sobre as castañas, publicado no número de 2012 da revista “O Retorno” do Museo Etnográfico da Capela.