O tomate de Galicia, un sabor raf

Programa: 
Comer en Galicia

Dende A Cañada, O Alquián e Campos de Nijar en Almería comercializan agora a través de Internet, por medio desta páxina web o tomate raf, coñecido tamén como o auténtico Pata Negra. E de cor verde intenso que se aproxima a negro na súa parte superior. A diferenza co resto dos tomates radica no seu gorentoso sabor doce, como consecuencia dos azucares que produce de xeito natural para contrarrestar a salinidade. O seu sabor é moi similar ao coñecido en Galicia como tomate do pais.

A súa producción é estacional centrándose principalmente nos meses de decembro a maio. Nun metro cadrado de terra prodúcense tres ou catro quilos de tomate raf cando das outras variedades obtéñense perto de quince quilos. Pero o seu prezo tamén compensa ao agricultor. O prezo do quilo desta variedade especial de tomate oscila entre os 8 e 10 euros, fronte aos 2 ou 3,50 euros de media do prezo de venda dos restantes tomates nas grandes superficies comerciais.

O tomate raf e o tomate de Galicia, duas variedades deste alimento pouco enerxético que aporta apenas 20 calorias por 100 gramos. Considérase unha froita hortaliza. E unha fonte interesante de fibra, potasio, fósforo, carótenos e vitaminas. Proporciona ademais antioxidantes, sustancias con función protectora do noso organismo.