O VII Cantos na Maré tende pontes con Tito Paris, Raquel Tavares, Fred Martíns e Uxía

Programa: 
Músicas e Letras

Diversidade, intercambio e enriquecemento caracterizan esta aventura de conexión musical e cultural. Cantos na Maré xunta no escenario a voces novas e consolidadas, catro talentos “que se coñecen moi ben entre si”, segundo asegurou en Radiofusión a súa directora artística, Uxía.

As entradas xa están á venda. Anticipadamente custan 8 euros e poden mercarse en www.caixanova.es ou nos teléfonos 902 504 500 e 986 110 500. Na billeteira poderán mercarse durante todo o sábado ao prezo de 10 euros. No Teatro Principal de once da mañá a dúas da tarde e de cinco a sete da tarde; e no Pazo da Cultura de Pontevedra desde as sete e media e ata o comezo do espectáculo.