Os coruñeses Tregua presentan o seu disco Nunca es Tarde na Sala Sol de Madrid

Programa: 
Músicas e Letras

O disco "Nunca es Tarde" está composto por dez temas propios e unha versión do Para Cuando Desatino de Rosendo. Segundo contou a Radiofusión o vocalista, Mario García, é un traballo moito máis persoal que o primeiro ("Donde Todo Empieza"), cun rock máis contundente e máis traballado.

Despois da presentación do traballo na Sala Sol, o grupo comezará unha xira que os traerá ata Galicia o videiro 23 de abril, ao Coliseum da Coruña, onde Mario García promete sorpresas e un espectáculo diferente aos demais.