Os encantos do turismo rural no Outono Gastronómico

Programa: 
Comer en Galicia

O programa inclúe varias ofertas. O paquete de outono gastronómico, que  permite tanto degustar o menú, como pernoctar nunha das casas. Inclúe o almorzo do día seguinte, todo a un prezo de 100 euros para dúas persoas ou 60 euros para unha soa. A oferta dunha fin de semana gastronómico inclúe dos noites e dous menús por 180 euros por parella. A modalidade, menú gastronómico, non o ofertan todas as casas, e permite desgustar un menú sin aloxamento.

O 90% dos establecementos ofrecen dous menús aínda que cada casa confecciona o seu propio. Compóñense de entrantes, primeiros e segundos pratos, postres, café e chupito de licor galego por 30 euros por persoa. Como novidade, este ano os viños que se degusten pertencerán a un  das cinco Denominacións de Orixe galegas, explicou en Radiofusión un dos propietarios dunha destas casas e socio da Federación Galega de Turismo Rural (Fegatur), Jesús Trillo. Ademais os turistas poderán optar aos agasallos agochados nos establecementos baixo latiñas de conserva e recibirán un detalle conmemorativo do evento. 

Ademais nesta edición apóstase pola divulgación do programa mediante unha campaña publicitaria en Madrid, Barcelona e nas principais cidades galegas con anuncios nos autobuses urbanos. Tras o éxito acadado na pasada edición, hai que redobrar esforzos ante a crise para manter os resultados, apuntou Trillo.