Os nacionalistas explican a súa solvencia en Compostela

Programa: 
Músicas e Letras

O voceiro nacionalista lembrou a Alexandre Bóveda -dirixente do Partido Galeguista fusilado en 1936- indicando que "deu a súa vida pola Galiza que amaba afervoadamente. Coa convicción de que non era un acto inútil, coa seguridade de que outros virían a recoller o facho que deixou prendido. Ese facho recollémolo nós facendo verdade a esperanza de Bóveda". O BNG afirmou tamén que "a crise económica que nos toca vivir ten causas e responsabeis, xa que é a consecuencia práctica da aplicación dos dogmas do neoliberalismo, da aplicación dun modelo globalizado, onde o capital financieiro ten todos os dereitos, sen control público algún, un modelo onde o negocio é a única máxima, onde a xente non importa nada, a xente é usada coma calquera outra mercadoría para garantir o beneficio".

Vázquez denunciou diante dunha Praza da Quintana ateigada de xente, a obediencia de todos os gobernos europeos ás ordes neoliberais do FMI e de Alemaña: "O deficit público hai que reducilo, o capital financieiro ao seu: é máis rendíbel mercar bonos que fomentar a produción". Censurou asimesmo o que calificou como "xiro á dereita do goberno Zapatero". Fronte ás medidas gubernamentais o Bloque reclamou "o control público do capital financieiro, do fraude fiscal, a defensa dos dereitos laborais, a retirada das tropas de Afganistan e unha reforma da fiscalidade que faga que pague máis quen máis ten". Tamén afirmou que o "veloz xiro á dereita do Goberno Zapatero deixa ao PP sen programa económico".