Os novos tempos do Museo Provincial de Lugo

Programa: 
Músicas e Letras
O museo abre os seus espazos á arte contemporánea de Galiza.   

O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antón Bao, presentou así a exposición Rexistros Abertos. Materias, Contextos e Narrativas na Arte Galega Actual que se poderá visitar no Museo Provincial de Lugo ata o finais do mes de maio. A mostra pretende achegarlle ao público en xeral unha parte do panorama plástico galego actual mediante unha escolma da obra de 25 artistas, moitos deles consagrados e de recoñecido prestixio en Galiza e fóra dela.

Na súa intervención, Antón Bao salientou que Rexistros Abertos simboliza a "apertura dun novo ciclo" ao tempo que aseguraba que estes "son novos tempos para o Museo Provincial de Lugo". Nesta liña, o vicepresidente da Deputación recalcou que nesta nova etapa se primará a calidade fronte á cantidade. Ademais, destacou que nesta nova etapa os protagonistas da mostra e os verdadeiros creadores do espazo artístico son os propios autores dunha exposición que nos ensina unha panorámica da arte contemporáneo galega, pero tamén da arte lucense actual.

 

Artistas incluidos na exposición:

MÓNICA ALONSO
JORGE BARBI
VICENTE BLANCO
BERTA CÁCCAMO
VARI CARAMÉS
FERNANDO CASÁS
SALVADOR CIDRÁS
VICTORIA DIEHL
SUSO FANDIÑO
FÉLIX FERNÁNDEZ
FRANCISCO LEIRO
DIN MATAMORO
CHELO MATESANZ
TATIANA MEDAL
ANTONIO MURADO
NANO 4814
ÁLVARO NEGRO
CARME NOGUEIRA
IGNACIO PARDO
MANOLO PAZ
IGNACIO PÉREZ-JOFRE
JORGE PERIANES
IVÁN PRIETO
RUBÉN RAMOS BALSA
RITA RODRÍGUEZ

 

 

 Horario
Luns a venres: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20:30 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade s/n
27001 Lugo
Tfno.: 982 242112
info@museolugo.org