Os Premios María Barbeito galardoarán a calidade e a innovación educativas

Programa: 
Músicas e Letras

Estes Premios toman o nome de quen desenvolvera un intenso traballo pedagóxico e de renovación metodolóxica, particularmente na realización da lectura global. María Barbeito publicou dez traballos, realizou cinco traducións e pronunciou diversas conferencias, ademais de publicar artigos en prensa, ata que a ditadura franquista prohibiulle exercer o maxisterio.
 
O premio contempla dúas convocatorias, a primeira dedicada a salientar a Investigación Pedagóxica, dotada cun premio de 1.500 euros, que recoñece os informes dos dous últimos cursos académicos. A segunda premia a Innovación e á Experiencia Pedagóxica, as actuacións realizadas nun centro educativo de ámbito non universitario en Galicia e que teñan relación, preferentemente, coa organización escolar, a integración e tratamento da diversidade, a normalización lingüística na educación, a innovación didáctica, a incorporación das novas tecnoloxías ou a formación profesional. Esta última convocatoria contempla dous galardóns, un dotado con 1.000 euros e outro con 500 euros.