Os reitores esíxenlle ao Goberno “futuro” para as universidades

Programa: 
Músicas e Letras

No manifesto detállase a preocupación da comunidade universitaria, cos seus máximos responsables á cabeza, pola diminución das asignacións económicas para a educación superior e a investigación científica que se prevé executar nos Orzamentos Xerais do Estado para 2013. Os reitores sosteñen, fronte ás políticas do ministro José Ignacio Wert, que o diñeiro para as universidades públicas é un investimento e non un gasto. No caso galego, os xestores dos campus xa protestaran ante a Xunta polos recortes que a Administración autonómica realizara tamén nas súas achegas.