Os Smix Smox Smux, representantes da chamada

Programa: 
Sonsdenós

Definido polos autores como «un grito sarcástico en relación coa sociedade de consumo», o traballo supón o lanzamento discográfico dos Smix Smox Smux e inclúe temas como “Toques Polifónicos”, “Uísqui” ou “Maçã”, entre outros que ao longo do último ano teñen triunfado nas salas portuguesas que acolleron as actuacións pouco convencionais do trío bracarense.

Defensores convencidos da «tradición oral e do sotaque de Braga», os músicos presentan agora "na casa” o proxecto que xa está a ser cualificado como «nova vaga do rock portugués» e que se pode definir como un compendio de cousas serias ditas de broma.

Máis alá do humor e da sátira que se reflicte nas letras, os Smix Smox Smux distínguense tamén pola sonoridade localizada entre o rock e o punk.

Este trío de músicos de Braga comezou a súa andaina coa apertura das Salas de Ensaios do Estadio Municipal 1º de Maio, onde os membros dos Smix Smox Smux atoparon as facilidades loxísticas fundamentais para que a banda comezase a producir e a gravar as músicas que, a través do “myspace”, obtiveron a visibilidade necesaria para chamar a atención do público e das editoras portuguesas.

O concerto ten un prezo de 5 euros e as entradas están á venda xa no Teatro Circo de Braga.