Os sones psicodélicos invaden Vigo

Programa: 
Músicas e Letras

The Dodos son unha banda californiana que con tres álbumes publicados é unha das propostas de Weird Folk máis interesantes. Inda que cun estilo e características propias a formación comparte afinidades con Xiu Xiu, Iron and Wine, Animal Collective ou Six Organs of Admítanse.

A banda chama ao seu estilo Psych Folk, e non é de estranar, pois baixo composicións de corte clásica agóchase unha sección rítmica a cargo de Logan Kroeber, toda unha eminencia en canto a percusión africana se refire.
A outra metade de The Dodos é Meric Long, á voz e á guitarra, que así susurra como acompaña á batería nun fluír que por momentos parece sacado da banda sonora dos corredores dun psiquiátrico, como parece aseverar a canción “Two Medicines”. As entradas para o concerto custan 12 euros.