Os Stereotipos presentan o seu novo traballo 200 buitres

Programa: 
Músicas e Letras

Trátase do segundo traballo dos coruñeses Manu, Julio, Carlos e Pablo, e conta coa produción de Juan de Dios Martín, que ten traballado con grupos de sona como Marlango ou Deluxe.

Trala presentación en Madrid, os Stereotipos regresarán a Galicia para levar os 200 buitres a un bó número de salas, comezando no Pub Clandestino de Nigrán o venres día 9, o sábado 10 na Doble Moral de Lugo, o 17 de abril na Fnac da Coruña, o 22 na Fábrica de Chocolate de Vigo, o 23 na Arteria Noroeste de Santiago e o 8 de maio regresan á súa Coruña natal, á sala Le Club. Ademais, esta xira levaraos por outras cidades do estado como Zaragoza, Donosti, Bilbao, Oviedo ou Barcelona.

En total, teñen programadas xa, de aquí a xuño, un total de 17 citas para as que aseguran sentirse "con moitas ganas".