Pablo Guerrero ilumina a terra con poemas dos seus contemporáneos

Programa: 
Músicas e Letras

Textos de 15 poetas extremeños contemporáneos e colaboracións egrexias hai en “Luz de Tierra”. O saxofón de Jorge Pardo; as percusións de Tino Di Geraldo; e os distintos rexistros vogais de Olga Román, Jabier Muguruza, Ismael Serrano, Javier Bergia e Marina apoian o último proxecto de Pablo Guerrero. A “Luz de Tierra” alumeará en directo o vindeiro mes de marzo con senllas presentacións en Barcelona, o día 5, e en Madrid, o día 20.