Pepe Ferreirós, Milladoiro: “Actuamos en sitios onde se sorprendían de ver gaitas no canto de guitarras flamencas”

Programa: 
Músicas e Letras

Moitos momentos bos e ningún malo. Resumiu así en Radiofusiòn a historia de Milladoiro un dos seus membros fundadores, Pepe Ferreirós. Destaca das tres décadas de vida os numerosos concertos internacionais que ofreceron e, malia que asegura que non se senten embaixadores de Galicia, si recoñece que abriron camiños en sitios onde nunca escoitaran música do país. Nalgunhas ocasións, relatou Ferreirós, o público, ao saber que se trataba dun grupo que viña de España, sorprendíase ao comprobar que non tocaba flamenco.

O músico recoñeceu en Radiofusiòn a dificultade de seleccionar un repertorio para a xira xa que tiveron que elixir entre máis dunha vintena de gravacións que a banda leva ás súas costas. Durante todos os concertos da xira, os actuais membros de Milladoiro compartirán escenario cos músicos que pasaron pola formación, como como Rodrigo Romaní, Laura Quitillán ou Roi Casal.