A piques de sair o libro-disco infantil, Pan de Millo

Programa: 
Músicas e Letras

"Nas miñas ilustracións o peso das emocións que poidan transimitir os personaxes está máis na súa expresividade, tanto facial coma corporal, que no colorido. A cor axuda e gústame utilizala, pero con moderación. Intento facer que sexa un colorido potente e comedido á vez". Así fala o ilustrador, Dani Padrón, do seu traballo no libro-disco "Pan de Millo" que poderemos saborear a partir de outubro no selo Kalandraka.

"Pan de millo" reúne 14 cancións infantís para público familiar interpretadas por Migallas Teatro, con colaboracións de destacados músicos galegos. A principios deste ano, María Campos e Carlos Yus pasaron polos estudos da Casa de Tolos, en Gondomar, para gravar as cancións de Pan de Millo.