Poesía e pureza protagonizan a metáfora da amizade de Xoel López e Félix Arias

Programa: 
Músicas e Letras

Cancións con espírito folk. Unhas son contos, outras mesturan realidade e ficción e mesmo hai algunha críptica. A letra é pois a que predomina, mentres que a interpretación e a produción se manteñen en segundo plano. Un cancioneiro á antiga usanza nos ofrecen estes músicos galegos convertidos a poetas. Xoel López e Félix Arias foxen do vangardismo e introdúcense no purismo.

Lovely Luna presentaron oficialmente este novo traballo no Teatro Lara de Madrid. A xira por teatros de todo o Estado, incluída por suposto Galicia, non chegará ata a primavera de 2010, dado que Xoel se atopa facendo as Américas. Non obstante, xa teñen a banda preparada. Haberá baixo, teclado e batería e todo made in A Coruña.