A publicidade a veces pode coa calidade, segundo José Luis Cuerda

Programa: 
Comer en Galicia

O cineasta enche coa uva das súas fincas entre 30 e 60.000 botellas anuais e afirma estar contento con esta actividade á que se adica desde o 2005. “O San Clodio bébese con alegría, o que o pide para primeiro prato segue con él toda a comida, agrada ao nariz e non defrauda no padal” afirma con paixón Cuerda. Amosa a súa confianza no consumidor de viño de calidade, “que non é tonto”. “A promoción dun caldo faise moito mellor con calidade, sen mentir á xente” conclue o bodegueiro salientando con convicción que o seu viño “faise con honradez”.

 

O Club Gastronómico Rias Altas elexiu o "San Clodio" como viño de acompañamento nas Xornadas Gastronómicas do Bonito que se celebran en 26 restaurantes da provincia de A Coruña nas vindeiras semanas.