Quempallou achégase ás novas tecnoloxías

Programa: 
Músicas e Letras

Cada un dos catro Quarteiróns incluirá 3 temas orixinais, sendo os correspondentes á primeira entrega "A Maturrangaina", "Fandango da Lagarteira" e "Folión e Sega". No tema "Fandango da Lagarteira", toman protagonismo as cordas e mais a colaboración do compañeiro anglo-galego, e virtuoso violinista Harry Price. Os outros dous cortes están baseados en tres temas tradicionais do oriente galego: o Folión do Entroido de Manzaneda; un cantar da sega do Canizo (A Gudiña); e máis o cantar da Maturrangaina, nunha versión recollida no Caurel.

Quarteirón I xa está dispoñible nas principais plataformas dixitais de streaming ou descarga, como iTunes, Spotify, Deezer, Amazon, Google Play.