Queremos Galego anima á participación no “concertazo contra o decretazo”

Programa: 
Músicas e Letras

Para o festival puxéronse á venda entradas, que se poden adquirir ao prezo simbólico de 10 euros en venda anticipada (12 euros na billeteira do recinto, o propio día do concerto). Máis de medio cento de locais colaboran na venda das localidades en todas as comarcas do país. Así mesmo, estas tamén se poden comprar a través do sitio web queremosgalego.org.

Viaxe a Bruxelas

O concerto non é a única actuación que está a desenvolver a plataforma cidadá, quen denunciou onte ante as institucións europeas a “cruzada” contra a lingua galega que o Goberno de Núñez Feijóo. Carlos Callón asegurou que este é só un dos primeiros pasos, xa que levarán as denuncias contra o decreto a outras instancias internacionais como o Consello de Europa e a Unesco.

Segundo o presidente da Mesa, as súas demandas foron moi ben acollidas en Bruxelas. Institucións comunitarias como a Comisaría de Cultura e Educación, segundo Callón, “non son indiferentes a esta situación e ven con preocupación que se utilice o inglés como camuflaxe para reducir a presenza do galego”. Aseguran desde este departamento, que se se fixese isto en toda a UE sería unha uniformización que vai en contra das directrices aprobadas polo propio Parlamento Europeo.