A radio local, a radio das letras

Programa: 
Músicas e Letras

"Isto é unha obra de arte" ou "Moito traballo vos debeu de levar" foron algunhas frases de cidadáns anónimos que fixeron chegar os seus parabéns a Radiofusión. A gran radio -que é tamén a radio que ule a vila e que soa a fonte e a regato, en palabras de Jesús Quintero- descargouse na Praza do Obradoiro, ás 10 da mañá. Alí xenerou moita expectación entre os turistas que desde primeira hora da mañá se achegaban á catedral. Pais e nais fotografaron aos seus fillos a carón da radio con lingua.

 

Arredor das 11,30 h. a gran radio emprendeu o camiño da manifestación, en sentido inverso, para comprobar que a súa altura de 3,40 metros non ia tropezar con ningún cable ou letreiro das rúas composteláns. Finalizado o percorrido con éxito, situámonos nas inmediacións da Alameda, agardando o inicio da marcha. Minutos despois das 12 do mediodia comezamos o percorrido inverso situandonos entre o coche da megafonía e a pancarta de cabeza da marcha. 

 

A gran radio elaborada en poliestireno expandido foi deseñada pola empresa Item Aga de Ferrol. A súa confección material correu a cargo de Escenoset do Milladoiro (Ames).

 

Radiofusión realizou ademáis un programa especial no Dia das Letras do 2010. Entre as 10 e as 14 horas debullamos a obra e o significado de Uxio Novoneyra, contando coa opinión de destacados estudosos e filólogos. Ademáis realizamos conexións coa marcha de Queremos Galego trasladando as súas motivacións e argumentos a través das ondas da Frecuencia Modulada.