Radiofusiòn celebra o 25 de xullo con dous programas especiais desde Santiago

Programa: 
Músicas e Letras

O sábado 24 entre as 18 e as 20 horas elaboraremos un espazo arredor da música e da cultura de Galicia, con distintos protagonistas deses ámbitos. O domingo 25 das 16 ás 19 horas realizaremos un repaso da actualidade política, con entrevistas e conversas dos dirixentes das principais forzas políticas de Galicia para coñecer como viven a xornada.

Radiofusiòn vai estar presente no Festigal, que se celebra esta fin de semana no Campus Sur de Santiago. A programación deste evento esténdese ao longo de corenta e oito horas e combina as actuacións musicais con actividades literarias, debates, exposicións e proxeccións audiovisuais.