Ramón Villares, reelixido presidente do Consello da Cultura Galega

Programa: 
Músicas e Letras

Ao avaliar o traballo desenvolvido nestes catro anos, Villares apuntou un alto grado de cumprimento do programa proposto e incidiu especialmente na alta eficiencia do gasto que está a conseguir a institución. Precisamente o presidente electo esgrimiu esa eficiencia como arma para evitar que os recortes orzamentarios que nos últimos anos está a sufrir a institución. "Esta non é unha casa de diñeiro, é unha casa de ideas. Con máis recursos podemos facer máis actividades, pero iso é un problema de tamaño, non de esencia", explicou, "co orzamento actual podemos manter a nosa velocidade".